TALLER DE FORMACIÓN “RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO”
En San Aníbal, mantemos a nosa decidida aposta por ofrecer aos nosos traballadores unha formación constante, atractiva e, por riba de todo, que atenda ás súas necesidades, dando resposta ao que eles mesmos requírennos a través das enquisas relativas a Formación que todo o persoal cumprimenta cada ano (tanto no que atinxe ás necesidades e intereses como tamén as posteriores enquisas de avaliación).
Nesta liña, temos planificado para o vindeiro 26 de abril un taller de formación sobre “RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO”. Trátase dun taller vinculado á intelixencia emocional que se desenvolverá nunha única sesión intensiva de 3 horas de duración, impartida por ALOUMIÑO Coaching y Educación Afectivo-Familiar, e nela participará tanto o persoal como o voluntariado dos nosos recursos.
Á fronte da xornada formativa estará a directora de Aloumiño, Virginia Castro, terapeuta familiar, coach e educadora social; e a docente será Sara Lagunas, profesora graduada en Filoloxía, Máster en Diversidade e Cultura e especializada en Dificultades do Aprendizaxe.