O Programa de Reforzo e Integración para menores con necesidades educativas especiais dos Centros San Aníbal de Burela recibe unha subvención da Secretaría Xeral de Emprego por importe 27.739,88 €, coa dobre finalidade de contratar a dous mozos desempregados, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que sexan Diplomados ou Grados en Educación Social e que durante 7 meses adquirirán as prácticas e destrezas propias da súa profesión, traballando xunto cos profesionais dos nosos Centros e cos rapaces que presentan maiores necesidades educativas específicas.