«FAITE VOLUNTARIO» DE NOVO NO HOSPITAL PÚBLICO DA MARIÑA
«FAITE VOLUNTARIO» DE NOVO NO HOSPITAL PÚBLICO DA MARIÑA
O mércores 25 de outubro visitamos novamente o Hospital da Costa, donde xa estivéramos ao comezo da nosa campaña de sensibilización e captación de voluntariado a finais do mes de setembro. O Hospital ofrécenos a ocasión de achegar a nosa iniciativa a un variado perfil de persoas, de todas as idades e tamén de toda a comarca da Mariña, tanto traballadores do centro sanitario como a xente que acude nunha xornada normal de diario. Desexamos agradecer moi especialmente a directora do Distrito Sanitario, María José Cortés Canay, o seu recibimento e atención á nosa campaña.
Ogallá esta serie de oito visitas realizadas entre setembro e outubro a diferentes institucións e eventos da comarca dé os seus froitos e axiña podamos contar con novos voluntarios para botar unha man nos nosos centros e programas de menores.