E POLA TARDE, ÍMONOS AO FÚTBOL SALA FEMININO
E POLA TARDE, ÍMONOS AO FÚTBOL SALA FEMININO
Se esta mañá estabamos en Mondoñedo, na tardiña desplazámonos a Burela, para chegar coa nosa campaña de voluntariado ao Pavillón Municipal de Vista Alegre, donde se disputaba un partidazo de fútbol sala feminino entre o equipo local, Pescados Rubén Burela FS, e o CDE Leganés FS Masdeporte. Recibiunos Yago Loureiro, responsable da Área Social do clube, quen nos deu todas as facilidades para movernos con liberdade tanto fora como dentro da instalación deportiva. Foi unha moi boa oportunidade para dirixirnos a un público xove e de mediana idade. Ademais, como non, puidemos botarlle unha ollada ao partido, que gañou o Burela con certa comodidade.