COMPARTINDO UNHA TARDE COS NOSOS MAIORES

4 de XANEIRO de 2024 | Agarimosa acollida na Residencia Pública de Burela

Que ledicia de encontro a tarde do 3 de xaneiro entre os máis pequenos de San Aníbal e os nosos ben queridos maiores da Residencia Pública de Burela, que acolleron aos cativos con moitísimo agarimo e recibiron as tarxetas navideñas de felicitación que prepararon os propios rapaces os días anteriores.

O centro residencial obsequiou aos nenos e nenas de San Aníbal cunha merenda e todos pasaron unha fermosa tarde, acompañados polos nosos educadores Dani, Paloma, Raquel e Rocío, a quen lle agradecemos estas imaxes.

Canto podemos aprender sempre dos nosos maiores e que importante é inculcarlles isto aos rapaces desde ben pequenos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies