FAITE VOLUNTARIO! ESPERÁMOSTE NO FAMILIA EDUCA DE FOZ

4 de OUTUBRO de 2024 | CAMPAÑA VOLUNTARIADO

Neste segundo ano da nosa campaña “En San Aníbal, buscamos o teu apoio. Faite voluntario”, queremos dar continuidade pero tamén un novo impulso ao realizado no 2023. Farémolo, iso si, dun xeito ben distinto, tratando de chegar a un público diferente e usando, ademais, distintas canles.

O noso obxectivo nos meses de setembro e outubro de 2024 é realizar unha campaña que dea saída a través das nosas redes sociais e páxina web (e que, a ser posible, sexa recollida polos medios de comunicación da nosa comarca) a tres diferentes vídeos de curta duración (entre 3 e 5 minutos como referencia) que brinden aos seus receptores, dun xeito atractivo, as posibilidades que teñen de facer voluntariado connosco.

Temos xa o primeiro deses tres vídeos promocionais. Está adicado ao Espazo de Preservación Familiar San Aníbal Familia Educa. Trátase dun servizo gratuíto de prevención e formación no eido educativo e socio familiar. A súa finalidade é dotar tanto aos menores como aos seus proxenitores das ferramentas socio educativas e psicosociais necesarias para un axeitado desenvolvemento da vida familiar no seu conxunto.

Con este vídeo, queremos transmitir aos posibles voluntarios o tipo de actividades que poderían realizar e o tipo de usuarios e entornos que temos no noso traballo do día a día.

Ogallá que te animes a botarnos unha man!!!

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies