OS CENTROS SAN ANÍBAL E MARÍA NAZARENA DE BURELA A PLENO FUNCIONAMENTO DURANTE A CRISE DO COVID”

Os Centros de Acollida Casa de Familia San Aníbal e María Nazarena que as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas xestionan en Burela (Lugo) atópanse a pleno rendemento durante a crise do Covid-19.

Nestes centros dase acollida a 10 menores tutelados pola Xunta de Galicia e a 6 usuarios no Centro de Inclusión. A maiores, tra-la suspensión do servizo de atención de día a menores establecido pola Xunta de Galicia, estase tamén a facer un seguemento das 26 familias usuarias do Centro de Día, facilitándolles os materiais escolares e os traballos que envían os distintos centros educativos.

En coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos de Burela, Foz e Ribadeo, desde os nosos centros tamén estamos a facer un seguemento doutras 30 familias das que se valoran as súas necesidades de axuda económica para facer fronte aos gastos básicos de alimentación e hixiene. Nesta atención levamos investidos 4.950€ repartidos en vales de compra para diferentes supermercados da zona. É importante tamén destacar que nestes seguementos dase moita importancia ao acompañamento social e psicolóxico para que estas familias, todas ellas con fillos menores a cargo, podan levar adiante o confinamento nas mellores condicións materiais e emocionais.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies