OS CENTROS SOCIAIS DAS FILLAS DO DIVINO CELO ATENDERON A 53 MENORES E 5 FAMILIAS AO LONGO DO ANO 2018
Ao longo do ano 2018 os Centros Sociais que promoven as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas en Burela atenderon a un total de 47 nenos, nenas e adolescentes derivados polo Servizo de Menores da Xunta de Galicia e a 5 familias con 6 nenos pequenos ao seu cargo, un destes que naceu no propio Centro.
> CENTRO DE MENORES DE DÍA DE MENORES SAN ANIBAL: 30 nenos, nenas e adolescentes.
> CENTRO CASA DE FAMILIA SAN ANIBAL: 17 nenos, nenas e adolescentes.
> CENTRO DE ACOLLIDA MARIA NAZARENA: 5 familias compostas por 6 mulleres e 6 fillos ao seu cargo.
Estes recursos están financiados pola Consellería de Política Social que no ano 2018 ampliou dende xullo 2 prazas máis no Centro de Día, contando actualmente con 20 prazas, na Casa de Familia, que acolle a menores en tutela conta con 8 prazas e o Centro de Acollida María Nazarena é o único Centro de Inclusión Social de Galicia que acolle familias con menores ao seu cargo en unidades familiares independentes, podendo acoller a dúas familias simultáneamente.
CENTRO DE DÍA DE MENORES SAN ANÍBAL DE BURELA
Atendeu a 30 nenos, nenas e adolescentes de Burela, Foz, Cervo e Xove.
CENTRO DE MENORES CASA DE FAMILIA SAN ANÍBAL DE BURELA
Atendeu a 17 nenos, nenas e adolescentes dos concellos de Burela, Foz, Xove, Rábade, Lugo e A Coruña.
CENTRO DE ACOLLIDA E INCLUSIÓN SOCIAL MARÍA NAZARENA
Atendeu a 5 familias, 3 por violencia de xénero, 1 derivada de Lugo do Casa de Acollida de urxencias de Violencia de Xénero e as outras dúas de Burela e Barreiros. As outras 2 familias foron derivadas de Ribadeo, entre outros, por problemas de desafiuzamento.
Lamentablemente a outras 4 familias de A Mariña que solicitaron praza non se lles puido prestar atención por estar o recurso totalmente ocupado. Tamén son moitas as peticións de fora da Mariña pero dáselle sempre prioridade ás desta Comarca.
Para mais información: Irmá Martina Sendino (teléfono 982585229)